Foz, San Ciprián e Tapia celebran con procesións e alfombras florais nalgúns casos esta festa da xente do mar
16 jul 2025 . Actualizado á 14:12 h.É unha das festas máis sentidas e especiais nas localidades costeiras de Galicia, tamén na Mariña lucense onde a pesca forma parte moi importante da nosa historia e tradición, do mesmo xeito que no Occidente de Asturias. Venérase con fervor por parte da xente do mar á súa Patroa, a Virxe do Carmen; non faltan sálvelas mariñeiras na procesión en Foz portando á Virxe sobre alfombras florais. É un dos momentos máis emotivos; sorprenden ao propio bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor García Gadiñanos, que presidiu os oficios relixiosos na vila focense. Moitísima xente en Foz, como todos os anos, para participar da procesión ou para ver o paso da Virxe polas rúas con cánticos emocionados.
En San Ciprián tamén tivo lugar ao mediodía a misa cantada no porto pola coral TerraMar, como é tradición. E en Tapia, no veciño Occidente astur, festexan tamén o Carmen sobre alfombras de flores. Ninguén esquece estes días dos náufragos, dos desaparecidos no mar, por iso esta celebración resulta emotiva, por iso e pola dureza do mundo do mar.
A festa continúa coas tradicionais verbenas; este mércores en San Cibrao coA Bamba e Fania Blanco. En Foz coas orquestras Miramar e Capitol na chaira portuaria; o xoves nas festas focenses será o día dedicados aos pequenos.