
Agardan ondas de ata cinco metros e 40 mm de precipitacións acumuladas en doce horas
18 abr 2025 . Actualizado á 16:29 h.A Mariña permanecerá este sábado, 19 de abril, en alerta amarela por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos, tanto no litoral, por temporal costeiro, como en toda a comarca, por choivas. Así o informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).
No primeiro dos casos, entre as 11.00 e as 23.59 horas agardan ventos do oeste de 50 a 61 km/h (forza 7), con mar combinado do noroeste, habendo ondas de catro a cinco metros.
En canto ao aviso amarelo por choivas, comezará ás doce da madrugada e manterase activo ata última hora da tarde. Agardan ata 40 milímetros de precipitación (cantidade entre moderada e forte) acumulada en doce horas.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos costeiro de nivel amarelo na Mariña lucense por choivas. Será este sábado, 19 de abril, durante toda a xornada,