Johanny Vásquez achega ao Celtas Megabyte de Foz ao ascenso con 45 puntos de valoración

FRANCISCO PALMEIRO

A MARIÑA

Xaime Ramallal

Liderou o triunfo ante o Tui que afianza aos focenses entre os catro primeiros de Segundo Autonómica con só dúas xornadas por diante

15 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Con dúas xornadas por disputarse o Celtas Megabyte de Foz gañou moitos enteiros de coarse entre os catro conxuntos que loiten polo ascenso en Segundo Autonómica masculina ao vencer 90-76 ao Tui en Marzán. Con sete triunfos en 12 partidos son terceiros nunha fase igualadísima. O Artai é líder cun balance de 10-2, seguido do Tui con oito vitorias, o Artai suma sete —as mesmas que os mariñáns—, e Illa de Arousa e Sarria, só unha menos.

«Ofensivamente estivemos moi acertados. Valoro o partido feito polo noso xogador Johanny que anotou 29 puntos, 17 rebotes e varios tapóns, con 45 de valoración. Foi brutal, estivo moi entonado. Tamén destacan os 14 puntos de xogadores xúniores, todos suman. Estou contento polo resultado con un equipo como o Tui, para min o mellor da liga, dá gusto velo xogar», valorou o adestrador focense, Alberto Méndez, tras o vistoso partido celebrado o sábado.

Parciais por cuartos: 29-18, 21-22 (50-40 ao descanso), 22-26 e 18-10.

Xogaron e anotaron: Daniel Lastra (5), Manuel Moinelo (3), Anxo Cao (12), Nicolás Cayón (2), Pedro Villapol (2), Andrés Pérez (11), Javier Yáñez (6), Johanny Vásquez (29), Daniel Yáñez (11), Brais Paz (7), Anxo Vizoso e Álvaro Ben (2). 

Derrota do Adamo Celtas

Peor fortuna tivo o Adamo Celtas de Foz, xa sen aspiracións máis aló de dar batalla ata o final na fase de ascenso de Primeira Autonómica feminina. É sétimo con tres vitorias en dez xornadas tras caer 58-36 na cancha do Codigalco Carmelitas Ourense

Parciais por cuartos: 10-11, 15-4 (25-15 ao descanso), 21-17 e 12-4.

Xogaron e anotaron: Paula Rodríguez (2), Ana Lombardero, Cristina Paz (5), Fátima Vázquez (2), Nuria Bermúdez (17), Carmen Alonso (2), Rosalía Rodríguez e Cecilia de Jorge (8).