07 may 2024
Marisol, a nena que soñaba con ser Pepa Flores: «Antes morta que volver»
UN RAIO DE LUZ... e escuro obxecto do desexo comercial dos adultos foi a nena prodixio de España. Pepa Flores volve no documental «Marisol. Chámame Pepa», que se estrea este 10 de maio. Unha infancia roubada, un espido que abriu de raíz a Transición, unha voda triste, outra feliz con Fidel Castro como padriño. O pobo como gran amor. E unha decisión para que a, segundo a súa irmá Vicky, non hai volta atrás