Laura Salgado, a pontevedresa que non tirou a toalla para ser deseñadora de moda: «En Filoloxía Inglesa durei un cuadrimestre e na Mestre Mateo entrei á segunda»
A moza gañou o Premio Miscelánea ao mellor proxecto de terceiro do grao por Apátrida , unha colección inspirada na vida nómade. Agora amplía a súa formación cunhas prácticas na empresa de calzado vegano BeFlamboyant