É tendencia. E punto

YES

O que Katie Holmes uniu que non o separe o home. De avoas e cun toque moi hitchcockiano, o conxunto de rebeca e top é a mellor forma de renovar armario

27 ene 2020 . Actualizado ás 10:08 h.

Queridas avoas, que sería da vida sen os vosos caramelos, sorrisos e os vosos armarios. Están cheos de nostalxia e inspiración a mancheas. De conxuntos de punto de chaquetita e top a xogo. Os mesmos que se proclamaron como o primeiro outfit viral do 2020. Aí está Zara reinventando a Rebecca de Alfred Hitchcock dos anos 40 cos seus xogos de twinset que llos quitan das mans. Ou a italiana Alessandra Rich e o seu conxunto máis instagrameado de top palabra de honra e rebequita chea de flores. Tamén leva o punto a todas as súas versións posibles Kim Kardashian en Skims: é hora de ir conjuntada como unha ovejita con chaqueta, top e shorts tecidos con la gorda e amorosa.

Pero se hai alguén a quen hai que apuntar co dedo por esta obsesión polo punto é, sin duda, a Katie Holmes. Calquera podería imaxinarse o que pasou pola cabeza da actriz o día que saíu á rúa en Nova York cuns vaqueiros e un cárdigan con bralette de punto a xogo: «Hoxe pétoo».

Con intención ou sen ela, o seu momento foi o empuxón definitivo para converter o conxunto de chaqueta e top de la no máis cool do ano. Se nos 40 a chaqueta de Rebecca en Hitchcock foi capaz de pór nome a unha chaqueta, pasará o mesmo con Holmes e o seu conxunto máis copiado.

1. Cuqui canalla

Alessandra Rich volve á infancia con este twinset malva bordado con pequenas flores.

Internet

2. Azul bebé

Este conxunto de Zara promete romper moitos corazóns, en Instagram e na vida.

Internet

3. Con perlas

Tamén de Zara , é a versión máis naif dos sets de cardigan e tops de punto.

Internet

4. Moi Holmes

Inspírase no conxunto co que a actriz revolucionou Nova York. Zara engade un short.

5. Con vaqueiros

A combinación perfecta para arrincar o 2020 que propón a influencer Brittany Xavier.