Zarzuela e popurrí de ABBA no concerto da Coral Polifónica da Estrada

La Voz

SOUTOMAIOR

22 dic 2023 . Actualizado á 05:00 h.

A Coral Polifónica Estradense e a Coral Polifónica de Soutomaior ofrecerán mañá (20.30 horas, teatro Principal) un Concerto de Nadal. Terá como eixos principais a zarzuela e un popurrí de ABBA. Contará con acompañamento instrumental de Alejo Moedo (piano) e Ángel Vidal (baixo), todos baixo a batuta de Javier Comesaña.