Os Remedios segue coa súa feira tradicional

La Voz VIGO

PONTEAREAS

Óscar Vázquez

A xornada culminará coa actuación do grupo Horizon ás 21.00 horas

06 sep 2025 . Actualizado á 21:38 h.

Ponteareas está inmersa nas festa dos Remedios. A partir das 11.00 horas abrirá a XVII Feira Tradicional dos Remedios, onde se agruparán unha gran variedade de postos de exposición e venda de produtos ecolóxicos e artesanais.

Ponteareas segue inmersa nas festa dos Remedios, previa a San Miguel. Hoxe ás 13.00 horas actuación da charanga Noroeste. A tarde seguirá cunha obra de teatro musical, «Laia, aprendiz de maga», ás 18.00 horas. A xornada culminará coa actuación do grupo Horizon ás 21.00 horas. Mañá, luns ás 17.00 horas, a compaña Barafunda Animación ofrecerá o musical Abordaxe pirata. Ás 19.00 horas, haberá unha tirada de lumes e ás 19.30 horas celebrarase a misa solemne con procesión acompañada pola Banda Reveriano Soutullo. Para pór o broche final a estas festas, ás 21.30 horas, na praza Bugallal, a Banda Reveriano Soutullo ofrecerá un concerto e ás 22.30 horas, verbena a cargo do grupo A Banda de Onte na praza Maior.