Reclaman axuda para rematar a residencia de discapacidade intelectual no Porriño

La Voz O PORRIÑO/ LA VOZ

O PORRIÑO

A Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (Aceesca) comezou o 2010 este proxecto

23 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (Aceesca) comezou en 2010 un proxecto para crear un fogar para as persoas con discapacidade intelectual que xa non poden ser coidadas polas súas familias. A comunidade de montes de Torneiros (O Porriño) cedeulles un terreo e a Consellería de Política Social subvencionoulles con dous millóns de euros que proveñen de fondos europeos. Aceesca debía sumar os tres millóns restantes. Durante os tres últimos anos buscaron «incansablemente» recursos para completar a obra, que xa se atopa executada nun 70%.

Tamén achegaron 900.000 euros máis e sumado outras axudas empresariais e sociais, pero aínda son insuficientes. Agora, a Xunta «pídenos xustificar 5 millóns de euros, incluso despois de conseguir reducir o custo real a 4,5 millóns. É un absurdo que se nos obrigue a gastar máis do necesario», denuncian. Piden ao Goberno autonómico que corrixa esta situación e onte presentaron máis de 1.400 cartas que temos asinadas ata o momento.