
Un vendedor da Once reparte nas Gándaras o premio a un empregado no polígono industrial
23 jun 2025 . Actualizado á 19:44 h.O cupón fin de semana da ONCE deixou no Porriño un sueldazo de 2.000 euros ao mes durante 10 anos, no sorteo do 21 de xuño; e premios por valor de 100.000 euros entre Carril e Vilagarcía de Arousa, no do día 22.
Daniel Carrera Rodríguez é o vendedor da ONCE que deixou no polígono das Gándaras-Porriño o sueldazo de 2.000 euros ao mes durante 10 anos, no sorteo do pasado sábado. Daniel aclara que percorre todas as naves do polígono industrial.«Non lla quen a poida tocar».
O sueldazo de 2.000 euros é o segundo premio. O primeiro son 300.000 euros en efectivo e un soldo de 5.000 euros durante 25 anos.
Pola súa banda, o vendedor José Luis Fontán Portas repartiu 100.000 euros, en cinco cupóns premiados con 20.000 euros cada un no sorteo do domingo, 22 de xuño. Fontán comercializou os cupóns premiados entre Carril e Vilagarcía de Arousa.
O sueldazo da fin de semana da ONCE ofrece, todos os sábados e domingos, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un só cupón. E premios de 2.000 euros ao mes durante 10 anos consecutivos, a outros catro cupóns.