Coches aparcados nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario

La Voz

MONDARIZ-BALNEARIO

cedida

O BNG sempre defendeu que a zona sexa considerada ben de interese cultural

27 nov 2023 . Actualizado á 05:00 h.

Varios coches ocuparon durante o sábado os xardíns situados xunto ao histórico Gran Hotel de Mondariz-Balneario. O domingo pola mañá aínda había ningún aparcado, segundo testemuñaron persoas que o presenciaron e que achegaron fotos a esta Redacción. En xeral, trátase dunha zona á que non poden acceder vehículos, como calquera xardín, pero ademais é un lugar para o que o BNG, que agora ten a alcaldía, leva anos pedindo desde a oposición unha especial protección, coa declaración de ben de interese cultural ao eixo Gran Hotel-Fuente de Troncoso.