A mostra está comisariada por Xurxo Martínez no Marco
02 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle ata o 17 de maio a exposición Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia, coa que a editorial remata o programa de celebracións do seu 75 aniversario.
O comisario Xurxo Martínez presenta un discurso expositivo en torno aos distintos deseños das tapas dos libros de Galaxia dende a súa fundación en 1950 ata a actualidade.
Como complemento a esta mostra, Galaxia ten un programa de actividades que comezou o pasado 21 de febreiro e que se estenderá ata o 25 de abril. Todas as actividades son gratuítas, con prazas limitadas ata completar capacidade, aínda que é imprescindible inscrición por emal recepcion@marcovigo.com.
O 10 de marzo, o director da editorial, Xosé Manuel Soutullo guiará unha visita pola exposición. A segunda visita será guiada o 17 de marzo por Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia. O 25 de abril haberá unha visita poética conducida por Tamara Andrés, directora da colección Dombate.