O concerto celebrarase no Auditorio de Salceda de Caselas, onde o público poderá escoitar por primeira vez o seu novo disco en directo.
30 nov 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe ás 18.00 horas • Auditorio de Salceda • A localidade de Salceda de Caselas acolle o concerto de presentación de Donicelas, un novo proxecto musical que chega para enriquecer a escena galega cunha proposta fresca, coidada e fondamente ligada á tradición. O concerto celebrarase no Auditorio de Salceda de Caselas, onde o público poderá escoitar por primeira vez o seu novo disco «A nena do pelo loiro» en directo.
Donicelas é unha formación que destaca pola súa sonoridade envolvente, a riqueza dos seus arranxos e unha ollada contemporánea ao patrimonio musical galego.
Ao longo da actuación, o grupo interpretará os temas do novo traballo e parte do seu repertorio propio anterior xunto con pezas que reivindican a memoria colectiva a través dunha lectura musical renovada. Será unha ocasión única para descubrir un proxecto chamado a consolidarse no panorama cultural galego.