Vicus Teatro representará «Conto de Nadal» durante todo decembro

La Voz VIGO

VIGO

Paula Cuervo

A estrea será o venres 28 no auditorio vigués de Aproinppa

27 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A compaña Vicus Teatro, conformada por exalumnos da ESAD, representará o clásico de Dickens, Conto de Nadal, desde mañá ata o 4 de xaneiro no auditorio de Aproinppa (Segunda República, 10). As entradas véndense en venda anticipada en entradium.com ou no propio despacho de billetes do local, a 8 euros para os adultos e 6 euros para os menores de 12 anos.

Conto de Nadal é un clásico da literatura universal, escrito por Charles Dickens en 1843. Desta obra realizáronse numerosas adaptacións, pero neste caso, Vicus Teatro propón unha versión destinada a toda a familia.

A obra foi adaptada por Nando Llera e Pablo Carrera, quen tamén a dirixe, e interpretada por Érika Barbosa, Iván de Araújo, Carlos Galán, Pedro Galocha, Paula Gavilán e Telma Pazo.