O xuíz de violencia sobre a muller de Vigo tramita a primeira denuncia de agresión sexual desde que asumiu esta competencia hai 15 días
VIGO

Trátase dun caso leve. Apenas tivo traballo a maiores, polo que cre que será levadío
15 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo tramitou a primeira denuncia por agresión sexual desde que asumiu esta nova competencia hai dúas semanas. Trátase dun caso, aparentemente, leve que non requirirá gran complexidade na súa tramitación.
Ata finais de setembro, o xuíz só tiña que estudar denuncias de malos tratos e os seus correspondentes divorcios, custodias e pensións alimenticias. Desde o 1 de outubro debe investigar as denuncias presentadas por vítimas de violencia sexual ou trata de brancas.
Iso fai pensar a fontes xurídicas que a asunción da nova carga de traballo non resultará excesiva e que poderá soportala ao longo do ano.
En Vigo, actualmente preséntanse tres denuncias ao mes por agresión sexual, o que inclúe tanto tocamentos na vía pública ou discotecas como asaltos con violencia.