
As actividades terán lugar durante todo o día en Salvaterra de Miño
06 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Salvaterra de Miño acolle a segunda xornada do Festival de Poesía no Condado. Comezará coa baixada de embarcacións tradicionais polo Miño, seguida da actuación de Ameaça de Bombo. Durante o día haberá un torneo de billarda, un campionato de chave e un encontro mixto de fútbol gaélico. A poboación infantil terá a súa propia festa animada por Os Jalochos. A sesión vermú contará coa presenza da Orquestra Bravú Xangai, liderada por Xurxo Souto.
Xa pola tarde, a partir das 17.40 horas chegará a oralidade improvisada da Regueifa Tour. No ámbito da poesía, ao longo de toda a xornada, en diferentes escenarios, estarán presentes poetas da Galicia e Portugal, como Silvia Penas, Samuel Merino, Paco Barreiro, Neves Rodríguez, o Leo Arremecághona, Daniel Salgado, Sílvia Mota Lopes e Aurora Abelairas. Tambén estará Candela Piñeiro, gañadora do I Certame Literário Juvenil Festival da Poesia no Condado.
No apartado musical están previstas as actuación de Dakidarría, a rapeira e MC Nadie González, a música tradicional portuguesa con bases electrónicas de Omiri, o hip hop do ponteareán Hugo Guezeta e a música de raíz de Xosé Lois Romero e Aliboria, entre os que se escoitará a pinchada do DJ Marqués de Vilapodre.