Machi Salgado non é un actor, son seis en «O espírito de Vania»

La Voz

VIGO

cedida

O actor interpreta e produce a obra que repasa o clásico de Chéjov desde unha perspectiva contemporánea

04 jul 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Hoxe • Cangas • A Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ofrece hoxe Machi Salgado a estrea de O espírito de Vania, unha aposta persoal e artística ao redor da obra do dramaturgo ruso Antón Chéjov no que o actor encarnará seis personaxes acompañado de música en directo da man de Rubén Abad. O espectáculo é un proxecto propio no que Salgado, ademais da interpretación, asume a produción xunto Escenate e Kante Producciones e a dramaturxia con Carlos Álvarez-Ossorio, quen se encarga tamén da dirección. A revisión da dramaturxia desenvolveuna Fran Godón. A estrea celebrarase no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos de Cangas o primeiro venres de xullo ás 20.00 horas, no marco da 42º Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que colabora tamén na coprodución. O espírito de Vania nace da obra Tío Vanía, clásico da literatura rusa publicado en 1899.

Tamén pódese ver la Mostra de Cangas a obra Enredos, de A Vela Circo, ás 20.00h. nos Xardíns do Sinal, en Cangas. Santiago Montero y Ana Cuervas se encargan de este espectáculo circense inspirado na estética do cine mudo e ambientado na Revolución Industrial. A través de técnicas como el slapstick, malabares e equilibrios en alambre, narra a historia dun obreiro.