
Ás 18.45 Diego Giráldez presenta As obras póstumas, Premio Blanco Amor de Novela, acompañado pola escritora Ledicia Costas
03 jul 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe 12.00 horas • Alameda • A Federación de Librarías de Galicia celebra a Feira do Libro de Vigo. Hoxe na carpa de actividades, ás 18.15 Espectáculo infantil C@nto contigo de Paco Nogueiras; ás 18.45 Diego Giráldez presenta As obras póstumas, Premio Blanco Amor de Novela, acompañado pola escritora Ledicia Costas; ás 19.15 presentación Valles Profecía, de Marcos de la Fuente; ás 19.30 Ledicia Costas asina o súa obra e ás 20.00 horas, Conversas Follas Novas: Tamara Novoa, xornalista de A movida, conversa con Sandra Lodi, gañadora na categoría Mellor Libro Ilustrado con Papóns.
Nas carpas das libreirías tamén hai outras actividades. Ás 11.30 Perfecto Souto asina Clarisa e Stricta Funis na caseta da libraría Uróboros; ás 12.00 Gonza M. Fontán asina Funeral de estados na caseta da libraría Librouro; á mesma hora, Samuel Ferro asina A queimada das ánimas na caseta da libraría Aenea; Alexandre Senande asina Historias do páramo, Sentinelas da lua carmesí e Sentinelas no limiar das tebras na caseta da libraría A gata tola, e PJota asina Historias do páramo. Ás 12.30 Antía Martín asina Amores extraños na caseta da libraría Nobel Gran Vía. Ás 17.00 Pluma de Tojo asina La bestia del silencio na caseta da libraría Librouro e á mesma hora, Samuel Ferro asina A queimada das ánimas na caseta da libraría Pedreira e Javier Regueira Serrano El límite kallmanm. La caída na caseta de Uróboros. Ás 17.30 Noel Turbulencias asina Galicia musicalidade na caseta de Aenea; ás 18.00 Teresa Chamorro asina El nudo de Tuim na caseta de Galgo azul, Alejo Amoedo asina A mansión dos anxos (disco) na caseta da editorial Dos acordes e Charo Álvarez, El molino de la vergüenza en Nobel. 18:00 Lucía Cid asina Dinicarreras na caseta da libraría Wells. Hai máis firmas ate ás 20.00 horas.