Poderase ver na Casa Galega da Cultura ata o 10 de agosto
16 jun 2025 . Actualizado á 01:01 h.En Esconder a perla, mostrar o ombro, Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) ofrece unha exposición cargada de simbolismo, xogos de contrastes e reflexións estéticas, que se poderá ver na Casa Galega da Cultura ata o 10 de agosto.
A exposición ten un claro dominio da presenza do obxecto cerámico, non en balde, a agora profesora da Facultade de Belas Artes, residiu en Niñodaguia, localidade de gran tradición oleira.
Mar Ramón Soriano explora na relación entre o visible e o oculto, de aí o título da exposición, que ela compara co superfluo e o indispensable. A autora recoñece que sempre lle interesaron as cousas que desaparecen e aparecen, engadindo a iso, o material sobrante que xa non se usa. Para iso, utiliza papeis vexetais, téxtiles transparentes, bixutería e moita cerámica.
A artista cuestiona no seu proxecto o impacto da eficiencia tecnolóxica na cotiandade humana, á vez que invita a considera o enriquecemento da identidade como froito da interacción co espazo.