
O auditorio de Cangas acolle o sábado ás 18.00 horas o espectáculo
06 dic 2024 . Actualizado á 05:00 h.Cangas recibe este sábado un espectáculo que revivirá as cancións de Queen para os máis pequenos. A música comezará ás 18.00 horas no auditorio municipal Xosé Manuel Pazos. Entre xogos, risos e moita animación a banda interpretará os grandes éxitos de Queen talles como Bohemian Rhapsody, Love of my Life, We are the Champions, We will Rock You, I want to break free e moitas outras cancións míticas. O espectáculo dura 90 minutos e as entradas aínda están á venda na plataforma dixital ataquilla.com. Véndense a 13,60 euros no anfiteatro e a 15,50 euros en platea.