A Xunta licita o proxecto da senda do Trega

La Voz A Guarda / LA VOZ

VIGO

cedida

O plan contempla un circuíto para rodear o monte

19 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta licita a redacción do proxecto para construír unha senda peonil ao redor do Santa Trega por 18.125 euros. Prevé que estea entregado para a súa supervisión este outono. Así llo indicou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, ao alcalde da Guarda, Roberto Carrero, na reunión que mantiveron esta semana en Santiago. As obras executaranse con fondos europeos Feder a través do programa de senllas peonís e ciclistas. A conselleira puxo en valor esta ambiciosa actuación que, ademais de pór a disposición dos veciños esta infraestrutura, «suporá un atractivo máis para a vila». «É unha infraestrutura que resulta fundamental, non só para a seguridade de centos de persoas e peregrinos se non para mellorar a conexión entre o centro e Camposancos», di o alcalde, Roberto Carrero.