Nace a maior agrupación de Protección Civil de Galicia, Oitavén-Tea

La Voz SOUTOMAIOR / LA VOZ

VIGO

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

Arrinca cunha trintena de voluntarios que darán servizo a seis localidades

17 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Castelo de Soutomaior foi o escenario no que os alcaldes deste concello pontevedrés, Mondariz, Mondariz Balneario, A Lama, Ou Covelo e Fornelos de Montes asinaron o convenio da agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea, «unha agrupación, que nace froito dun gran acordo entre alcaldes, e contén un importante incremento de recursos e persoal, o que a súa vez suporá a mellora da prestación de servizos».

Deste xeito, os seis concellos «pasarán a ter un operativo de Protección Civil con máis de trinta voluntarios, unha cifra que se incrementará nos vindeiros meses coa incorporación de novos voluntarios», engadiron. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, agradeceu « a boa disposición de todos os alcaldes dos diferentes partidos políticos que conforman estes concellos: PSOE, PP, BNG e Independente, que traballaron por un gran acordo».

Protección Civil Oitavén ? Tea contará con dous vehículos todo terreo, unha furgoneta, un turismo, dous remolques de emerxencia, dúas tendas de campaña, unha motocicleta e equipamento para operativos e atención sanitaria.