Circo, teatro e danza butoh en Vigocultura

La Voz

VIGO

cedida

A programación ofrece hoxe Tránsito, un proxecto de investigación artística xestado en Sevilla e co-creado por Clara Reina e Ana Donoso

28 abr 2024 . Actualizado á 05:10 h.

Hoxe ás 18.00h. • Auditorio Concello de Vigo • Entrada 5 euros • A programación de VigoCultura ofrece hoxe Tránsito, un proxecto de investigación artística xestado en Sevilla a través da compaña 361 graos, co-creado por Clara Reina e Ana Donoso Moura, que combina o circo e o teatro físico con procesos de creación a través da danza butoh, a anatomía experiencial, o traballo vocal, as artes plásticas e a técnica do hula hop. «A nosa finalidade é ocupar un espazo como mulleres artistas dentro do panorama cultural e especialmente en circo, sendo fieis ás nosas necesidades e ao coidado de todas as persoas implicadas no proxecto», explica Clara Reina .