OPINIÓN | Ou |

05 oct 2005 . Actualizado á 07:00 h.

Cada vez máis nalgúns ámbitos da sociedade fálase da muller e os seus maiores, cotas de representación para cumprir promesas de igualdade. Para min, dita cuestión sacouse do contexto da lóxica actual, onde o que importa é a competencia e o talento e non o sexo. Nunha sociedade moderna como a actual na que o equilibrio debe ser unha virtude e na que a preparación e outra serie de cualidades como a capacidade e outras, son un imperativo de primeiro orde; o falar de discriminación de xeito xeral, non é fiel reflexo da realidade. Entre outras moitas cousas porque as mulleres están moi ben preparadas e polo magnífico traballo desenvolvido nas últimas décadas, demostrando que eran capaces de superar aos seus semellantes, conseguíndoo en moitas ocasións. Non cabe dúbida, que o mundo laboral necesita dos valores e achegas da muller igual que a dos homes, independentemente de que sexa dun sexo ou outro. Será cuestión de que ambos estean no lugar que lle corresponde en función da súa boa preparación e cualidades. En fin, o máis importante será atopar un equilibrio entre o que se desexa e o que se conseguiu. Non hai que ser impaciente xa que a felicidade é a arte de extraer da vida os grandes argumentos, combinando o físico ou o cultura pero tamén outras moitas cuestións. E porque a madurez, achéganos serenidade e lucidez.