Aimen entrega hoxe os diplomas do máster internacional de soldadura

La Voz LA VOZ | O PORRIÑO

VIGO

14 mar 2005 . Actualizado á 06:00 h.

?l centro tecnolóxico Aimen, con sede en Torneiros, O Porriño, acolle hoxe ás seis da tarde a entrega de diplomas da segunda promoción do máster Enxeñeiro Europeo-Internacional de Soldadura. Foron 18 os alumnos que participaron nesta iniciativa. Aimen é o único centro de Galicia e un dos poucos en España que pode impartir esta titulación, que conta ademais con moi poucos profesionais acreditados ata o momento. O acto contará con representantes da Xunta e Cesol en España.