OPINIÓN | Ou |

07 oct 2003 . Actualizado á 07:00 h.

NOS ÚLTIMOS días, por un non sei que, que non sabería explicar e que ao final era unha desas bacterias que nos podemos atopar todos os mortais, acabei no Hospital Xeral da nosa cidade onde quedei varado no primeiro recodo. Durante moitos anos, un vai escoitando a través dos interlocutores da sociedade, que a sanidade pública que é unha riqueza de todos; desgraciadamente non é ben entendida, porque, sempre hai aspectos mellorables e cando o río soa é que algo leva. O que vin cos meus propios ollos, é un persoal sanitario cunha actividade de total entrega e cunha gran profesionalidade. Pero sendo isto moi importante e o cal tamén se podería agardar, o máis sorprendente para unha persoa que como eu, tiven a sorte de que era a primeira vez na miña vida; as cualidades humanas de atención a un enfermo, cada un coas súas peculiaridades, son de total dedicación ao paciente. Convén lembrar, tal como dicía recentemente a Ministra Dna. Ana Pastor que, «A Sanidade do século XXI tratará sobre a mellora da asistencia sanitaria aos cidadáns, ademais de apostar pola investigación sobre ela», que así sexa. Porque sempre hai que buscar a mellora continua; pero baixo a miña opinión xa avanzamos un gran camiño aínda que sempre queden cousas por facer. De momento, non hai que alarmarse estamos en moi boas mans e o que pode ser, pode ser e o que non, é imposible, pero o que hoxe nos parece imposible moi pronto se nos fará necesario. Sempre teremos connosco aos profesionais da saúde, que son o activo máis importante en todo este complexo mundo hospitalario apoiados en todos os medios necesarios para desenvolver o seu magnífico labor en equipo, con respecto e preocupación polos demais.