Mellor en transporte público

A. Cuña / P. Martínez VIGO

VIGO

Reportaxe | Colas nas estradas e nos despachos de billetes Os que acudiron ao Ifevi nos seus coches sufriron problemas de aparcadoiro

20 sep 2003 . Actualizado á 07:00 h.

A considerable afluencia de público que acudiu onte a visitar a feira de pesca tivo as súas consecuencias no tráfico. Así, e a pesar do aumento do número de prazas de aparcadoiro levado a cabo recentemente nos arredores de Cotogrande, os visitantes atopáronse con dificultades á hora de estacionar os seus vehículos. Para previr esta situación, o concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, estableceu un servizo gratuíto de autobuses, unha iniciativa que só paliou en parte os problemas de tráfico nas proximidades do recinto feiral. Desde as nove e media da mañá ata as sete da tarde unha nutrida flota de autobuses sairán tamén hoxe desde a praza de España, con destino a Cotogrande. No Ifevi, as colas reproducíronse enlas despachos de billetes e a porta de entrada á feira. Centos de persoas agrupáronse á primeira hora da tarde nas inmediacións do recinto.