O exentrenador do Deportivo dirixirá unha sesión para nenos de entre 6 e 14 anos
22 dic 2025 . Actualizado á 13:10 h.Como vén sendo habitual nos últimos anos, o exentrenador do Deportivo Óscar Gilsanz impartirá un adestramento solidario a nenos de entre 6 e 14 anos. O evento, que acada a súa décima edición, terá lugar este sábado 27 de decembro, no campo do Carregal (Betanzos), e levará a cabo desde as dez e media da mañá ás dúas e media da tarde.
Con prazas limitadas, poderán participar todos aqueles nenos que entreguen un xoguete novo á organización, que á súa vez será doado a Cruz Vermella Betanzos. Para inscribirse, só hai que enviar un correo electrónico á dirección: adestramento.solidario@gmail.com.
Nado en Betanzos en 1973, Gilsanz foi futbolista do club rojillo e tamén o seu adestrador. Ademais, dirixiu á Laracha e ao Racing Vilalbés e ingresou na canteira do Dépor no 2018 ata chegar ao primeiro equipo o pasado curso.