Sorpresa entre o deportivismo ao ver en inglés os dez primeiros minutos do partido ante a Cultural
TORRE DE MARATHÓN
Movistar sufriu problemas técnicos que ameazaron a retransmisión do encontro, como ocorreu co tramo final doutros choques de Segundo
08 nov 2025 . Actualizado á 18:59 h.Os afeccionados do Deportivo que seguiron por televisión o encontro entre o Deportivo e a Cultural Leonesa levaron unha gran sorpresa, ao ver como Movistar ofrecía a narración do choque en inglés, a pesar de escoller a opción de comentarios en castelán.
A operadora de televisión tivo problemas de sinal antes do comezo do partido, polo que a retransmisión do duelo entre coruñeses e leoneses viuse ameazada.
Un fallo que tamén sufriron os hicnhas que seguían minutos antes (na quenda anterior de partidos) o Eibar-Albacete e o Huesca-Andorra, pois non puideron ver a última media hora de ambos.
Con todo, no encontro de Primeira División disputado no Sánchez Pizjuán entre o Sevilla e o Osasuna, perdeuse o sinal durante uns instantes, pero regresou rapidamente.