Vota e opina: Gustouvos Charlie Patiño? Que nota lle pondes en e o seu partido en Zaragoza?
A CORUÑA
TORRE DE MARATHÓN

O mediocentro disputou o seu terceiro partido como titular como xogador do Deportivo
26 may 2025 . Actualizado á 10:54 h.Charlie Patiño (Watford, 2003) segue rodándose co Deportivo neste final de tempada. O mediocentro foi unha das sorpresas no once de Óscar Gilsanz nA Romareda e acompañou a Diego Vilares e a Mario Soriano no corredor central dos branquiazuis. Foi a súa terceira titularidade desde a súa fichaxe o pasado verán, tras as dos partidos contra o Levante en Liga e o Ourense CF en Copa.
En Zaragoza, Patiño deixou escintileos. Realizou varios repregamentos interesantes e tamén filtrou algún balón perigoso. O punto negativo do día foi o gol en propia meta, nunha xogada desafortunada, na que quizais non estaba do todo ben orientado tras o saque de esquina local. Que nota lle pos ao seu partido?
Vota e opina ao final da páxina.