Manuel Pablo advirte: «O Fabril está bastante vivo para a volta»

Iván Antelo A CORUÑA

TORRE DE MARATHÓN

CESAR QUIAN

«O gol anulado? Supoño que non viu a xogada tan clara, pitou antes de tempo e xa está», sinala o técnico

11 may 2025 . Actualizado á 23:13 h.

Manuel Pablo puxo en valor o partido realizado polos seus xogadores: «Eles son un equipo moi difícil. Foi un partido competido,. Custounos na primeira parte atopar situacións de estar cómodos de roubar e poder atacar. Na segundo creo que estivemos mellor e estivemos preto de conseguir a vitoria».

«Eles cambiaron un pouco o posicionamento. Nos catro últimos partidos ían moito máis arriba. Eles pechaban moito por dentro e na segunda parte atopamos opcións por fóra. É un equipo moi ben traballado, pero eu creo que aínda así atopamos situacións para facer gol. Sabiamos que ía ser unha eliminatoria difícil», explica.

O canario avisa que irán a pola vitoria en Murcia: «Non creo que esteamos frustrados. Competemos e sabemos o rival que tiñamos enfronte. Temos que analizar e buscar o que cada un vexamos mellor. O equipo está bastante vivo».

Un partido no previsiblemente non estará Manu Ferreiro: «Creo que tivo unha rotura, imos ver a dimensión, pero eu creo que vai ser moi difícil que poida estar».

Sobre o gol anulado, non quixo entrar en polémica: «Non falei co árbitro, pero supoño que non viu a situación tan clara, pitou antes de tempo e xa está».