O peor da experiencia eurovisiva ata o momento foi o seu primeiro ensaio. A prensa española foi a máis crítica cunha posta en escena con moito dramatismo e espido parcial do bailarín
19 may 2015 . Actualizado á 05:00 h.Edurne estará esta noite no Stadthall de Viena, pero só gozando do espectáculo como parte do publico. A apertada axenda da madrileña levou onte ata o parque Burggarten, no centro da cidade, onde se reuniu cun centenar de afeccionados de Eurovisión e españois residentes en Viena nunha calorosa tarde. Tras unha entrada triunfal nun carro de cabalos, e aos pés da estatua de Mozart, Edurne fartouse de dar bicos e sacarse fotos coa multitude, sempre cun sorriso. Banderas de España, moitas camisetas vermellas e agasallos recibiron á cantante, ademais dunha coreografía que os fans máis atrevidos ousaron realizar baixo as ordes do bailarín Giuseppe di Bella e a coreógrafa Myriam Benedited, que ensaiaron previamente cos voluntarios para sorprender á cantante.
Esta mostrouse moi accesible cos fans, igual que fixera o domingo na alfombra vermella da cerimonia de apertura. O grandioso e espectacular concello de Viena e unha praza repleta recibiron nun ambiente festivo ás 40 delegacións participantes nesta edición, que cumpre as vodas de diamante. «Estaba encantada falando con todo o mundo, gozando da alfombra vermella e do evento -confesou Edurne,-. Paseimo bomba». A española foi unha das máis solicitadas, ata o punto de que lle custou percorrer os cen metros de alfombra.
O peor da experiencia eurovisiva de Edurne ata o momento foi o seu primeiro ensaio do domingo. A prensa española desprazada foi a máis crítica cunha posta en escena con moito dramatismo, vento, coreografía case imposible, cambio de vestiario e espido parcial do bailarín Giussepe di Bella, que lembra máis a unha actuación dun país do este que a un produto made in Spain. No vocal, a madrileña está «contenta coa primeira toma de contacto», aínda que non estivo no seu mellor momento. A delegación española confía en que as cousas melloren para a gran final e garantiron que se introducirán melloras de escenografía e realización.