A consellería e seis empresas intentan abrir mercados desde unha feira en Alemaña
26 feb 2024 . Actualizado ás 20:32 h.Días despois de intentar abrir mercados desde o certame internacional Gulfood de Dubái (Emiratos Árabes), a Consellería do Mar e empresas do sector promocionan os produtos galegos do mar noutra feira internacional, a Fish International, que se celebra en Bremen (Alemaña).
Con posto propio, Galicia acode a unha cita expositiva e comercial xunto a 320 expositores de 27 países. Aí, onde agardan a máis de 10.000 visitantes «profesionais de máis de medio centenar de nacionalidades», intentan abrir vías de negocio as empreas Copesma Conxelados, Cassua, Pereira Produtos do Mar, Conxelados Noriberíca, Stolt Sexa Farm, Global Runner e Ailla Pasteurizados.
Ata Bremen viaxou Antonio Basanta, director de Pesca , Acuicultura e Innovación Tecnolóxica na Consellería do Mar, desde onde destacan que a Fish International «constitúe unha plataforma excepcional para o comercio dos produtos pesqueiros xa que permite coñecer as últimas novidades e innovacións do mercado alemán».