Patrocinado porPatrocinado por

A Xunta aproba devolver aos Estado terreos que Portos non usa en oito concellos

Europa press SANTIAGO

SOMOS MAR

MONICA IRAGO

Trátase da segunda fase do procedemento impulsado por Portos de Galicia

16 sep 2025 . Actualizado á 04:50 h.

O Consello da Xunta deu luz verde este luns á reversión ao Estado de terreos portuarios sen uso nos concellos de Laxe, Moaña, Mugardos, O Grove, Poio, Rianxo e Vilagarcía de Arousa.

Estes terreos están incluídos na segunda fase do procedemento impulsado por Portos de Galicia para devolver á Administración central terreos que non necesita e xa non usa con fins portuarios para que, desta forma, poidan ser cedidos aos concellos respectivos que estean interesados en facerse coa súa titularidade.

O trámite foi aprobado polo Consello Reitor do organismo portuario autonómico o pasado mes de xuño. Coa autorización do Consello da Xunta finaliza o procedemento na parte de competencia autonómica.

Estas reversións súmanse ás tramitadas nunha primeira fase —que xa se remitiron a Costas— de terreos na Guarda, A Pobra, Bueu, Cambados, Cangas, Corme, Foz, Ponteceso, Santa Cruz de Oleiros e Vilanova de Arousa.

A Xunta tramitou as reversións en 16 dos 25 procedementos solicitados polos concellos, debido ao uso veciñal deses chans. En próximos meses Portos de Galicia abordará a tramitación dos terreos do resto de municipios pendentes.