
A chef Criselda Iglesias presentou as tres especies marinadas na feira Salimat
08 jun 2025 . Actualizado á 09:41 h.A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira-OPP83 desprazouse ata Salimat para presentar ao público as delicias atlánticas capturadas pola súa flota. O showcooking, que se desenvolveu no espazo da Consellería do Mar contou coa presenza da xerente, María José Casais, e dos concelleiros Francisco Suárez-Puerta e Fernando Abraldes.
A chef Criselda Iglesias, do Espazo Gastronómico Remollo, preparou sardiña, xurelo e Lirio de Ribeira maridados, cunha acertada selección de viños de Ribeira Sacra. A cociñeira destacou a frescura e calidade dos produtos pesqueiros e presentou unha mestura de ingredientes que encandearon ao público.