Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
Patrocinado porPatrocinado por

A Autoridade Portuaria gastará 410.000 euros en oito escudos en Caneliñas

La Voz FERROL / LA VOZ

SOMOS MAR

JOSE PARDO

Están deteriorados polo impacto de buques nas estruturas

22 abr 2025 . Actualizado á 08:24 h.

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao licitou un contrato de 414.280 euros para substituír oito escudos de defensas no porto exterior de Caneliñas.

Segundo explica nos pregos, entre os anos 2005 e 2011, durante as obras de ampliación da dársena, colocáronse ao longo do peirao Concepción Arenal un total de 52 defensas dobres, con escudos de dimensións exteriores de 3,60 por 5,50 metros. Durante unha revisión efectuada no 2023, detectouse que existen dúas zonas, a de atracada dos buques carboeiros e a dos portacontedores, nas que os escudos se «atopan moi deteriorados tanto estrutural como superficialmente», co desprendemento dalgunhas das placas protectoras de polietileno e a consecuente «deterioración superficial». Iso débese «ao impacto dos buques na parte central do escudo». As estruturas tamén se resentiron debido á «acción do mar e as inclemencias meteorolóxicas durante máis de 15 anos».

Por iso, o Porto decidiu substituír os escudos en peor estado. Fíxoo en dúas fases. A primeira está en execución e a segundo está programada para os anos 2025 e 2026.