Rial Millán, novo integrante do consello de administración do Porto de Vilagarcía
A ILLA / LA VOZ
SOMOS MAR

O patrón maior da Illa substitúe ao de Ribeira
09 abr 2025 . Actualizado á 09:46 h.O patrón maior da Illa, Juan Rial Millán, incorporarase ao Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía en representación da Consellería do Mar. Así o recollía onte o DOG, no mesmo número no que se daba conta do cesamento nese posto de patrón maior de Ribeira. Ao depender a ría de Arousa de dúas provincias distintas, existe o acordo tácito, desde hai anos, de facer rotativa a representación do sector do mar. E esa rotación é, precisamente, o paso dado este martes no DOG.