Patrocinado por Patrocinadopor

Inspectores de Pesca esixen na Coruña melloras laborais

efe A Coruña

SOMOS MAR

ANGEL MANSO

Os funcionarios concentráronse ante a sede da Delegación do Goberno en Galicia

15 mares 2024 . Actualizado ás 19:40 h.

O persoal de inspección de Pesca Marítima reclama melloras nas condicións laborais e medidas de protección, así como ampliar o número de efectivos.

Unhas 25 persoas concentráronse na Coruña ante a sede da Delegación do Goberno en Galicia, convocadas por Comisións Obreiras, co fin de esixir «medidas eficaces». A coordinadora deste sindicado na Coruña para o sector, Andrea Arévalo, detallou que o colectivo está pedindo «unha mellora das condicións laborais, unhas quendas de traballo máis equilibrados e que se dea formación específica ao persoal».

CC.OO. lembra que este persoal realiza o seu traballo «con poucos medios» e «arrisca a súa vida en cada traslado marítimo ou aéreo, abordaxe ou inspección».

Arévalo sinalou que os inspectores de Pesca Marítima «non só van á lonxa, senón que tamén teñen que acceder a buques en alto mar», para o que «necesitan formación» e medidas de protección.

O colectivo, di CC. OO., está formado en toda España, onde en días pasados tamén houbo concentracións, por 124 profesionais do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática.