Patrocinado por Patrocinadopor

Femex recorre ante o Supremo o fallo que avala que as confrarías creen santuarios de percebe

Somos Mar REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

Martina Miser

A federación de mexilloeiros actúa motivada polo voto particular discrepante emitido por un dos maxistrados

15 feb 2024 . Actualizado ás 08:04 h.

A Federación de Asociacións de Mexilloeiros (Femex), anunciou onte a súa decisión de presentar ante o Tribunal Supremo un recurso contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que avala a creación dos santuarios de percebe —zonas vedadas á extracción de fazula—. «Decidimos presentar ese recurso porque consideramos que é unha resolución inxusta», explican desde a federación. Esta entidade, xunto con presentaron no seu día recurso contra o artigo 2 da orde do 2021 da Xunta que aproba os plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia para o trienio 2022-2024.

Aínda que eses recursos foron rexeitados fai unhas semanas, desde Femex aférranse a un voto particular no que un dos maxistrados considera que o sector do mexillón non tivo a oportunidade de opinar sobre unha norma que ía afectar á súa actividade. Tamén rexeita que estivese xustificado reducir o prazo de exposición pública pola prema en aprobar os plans, xa que a Xunta demorou o inicio do procedemento.