Patrocinado por Patrocinadopor

Confrarías españolas descartan por agora un paro en protesta polas dificultades para saír adiante

Europa press SANTIAGO

SOMOS MAR

Ana Garcia

Volverán reunirse o luns para decidir se pactan cos agricultores mobilizacións

13 feb 2024 . Actualizado ás 13:57 h.

O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, descarta «de momento» que o sector realicen un paro, xa que suporía «empezar a casa polo tellado».

Nunha entrevista coa Radio Galega, o tamén patrón maior de Burela e presidente das confrarías da provincia de Lugo explica que deben «facer outras cousas antes de chegar ao paro» e débese empezar a casa «polos cimentos», aínda que deixa a porta aberta a futuras protestas.

Nun contexto de mobilizacións de gandeiros e agricultores por toda España, Otero expón que deben «pór amais da mesa» e «acordar» con eles unhas reivindicacións.

O próximo 19 de febreiro a Federación Nacional de Confrarías ten previsto realizar un encontro para avaliar a actual situación e, «a partir de aí, decidirase que rumbo tomar».

Otero adiantou tamén que están a negociar coa Secretaría Xeral de Pesca para «cambiar a pesqueira» de abadexo e raia —especies ás que se lles puxo unha exigua cota diaria—, para que se establezan cotas «que sexan polo menos semanais» para unha maior «flexibilidade», o que ve «un reflexo de medioambientalismo barato que está a utilizar Europa».