Patrocinado por Patrocinadopor

O BNG cuestiona as novas «medidas restritivas» para o transporte e descarga de túnidos conxelados

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

SOMOS MAR

Rosana Pérez
Rosana Pérez

Pide á Xunta que interveña para que o Goberno atrase a aplicación destes requisitos

20 jun 2023 . Actualizado ás 18:43 h.

A portavoz de Pesca do BNG, a pobrense Rosana Pérez, preguntou á Xunta que medidas pretende adoptar ante a intención do Goberno central de implantar novos requisitos «máis restritivos» no transporte e descarga de túnidos conxelados e a granel, unhas condicións que non son compartidas polos sectores implicados.

A nacionalista apuntou que estas novas directrices «resultan moi complicadas de cumprir para moitas pequenas empresas da estiba e desestiba, así como para moitos transportistas», por iso pediu un adiamento para a súa aplicación.

«Non é fácil nin barato transportar en vehículos frigoríficos pechados e a temperatura regulada mantendo a cadea de frío, e todas as condicións que se esixen», dixo.