Patrocinado por Patrocinadopor

Quintana atopa na feira Expomar avances para poder descarbonizar a flota pesqueira

Somos Mar REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

Xaime Ramallal

A conselleira inaugurou onte a 19 edición dunha cita náutico-pesqueira que pretende bater as marcas da última edición, celebrada no 2019

11 may 2023 . Actualizado ás 04:45 h.

Tras catro anos en branco, Burela xa tiña ganas de feira. A 19ª edición de Expomar sufriu os efectos do covid e o escaparate náutico-pesqueiro da Mariña non puido abrir as súas portas ata onte. Agora faino confiada en superar as cifras do último certame, o máis concorrido da historia con 135 expositores que reuniron máis de 150 marcas.

A conselleira de Mar, Rosa Quintana, que inaugurou a feira, foi unha das primeiras en percorrer os corredores de Expomar. E entre as casetas atopou «moitos avances que conducen a seguir no camiño da viabilidade da nosa frota, coa vista posta na consecución da súa descarbonización», asegurou a responsable autonómica. Porque Galicia comparte con Bruxelas o obxectivo de contar cunha flota «máis ecolóxica» e dar cunha solución que permida romper a dependencia dos combustibles fósiles. Agora ben, Quintana reclamou «comprensión» á Comisión Europea, pois este non é un camiño que se percorra nun día, dado «os cuantiosos investimentos e a adaptación gradual que require a frota». Por iso é polo que reclame «axudas adicionais para poder adaptar os buques».

Ademais dos enxeños que achou entre os máis de 5.000 metros cadrados da exposición, a conselleira non ten dúbida de que nas Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial, que se celebra hoxe, tamén darán con solucións para os retos que se expoñen ao sector.