Patrocinado por Patrocinadopor

A pesca galega lanza unha ofensiva desde Burela para facer fronte a Bruxelas

Somos Mar REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

Al término término del Consello Galego de Pesca, el sector realizó una concentración simbólica de los asistentes como gesto de protesta contra las políticas pesqueras de la Comisión Europea.
Ao termo termo do Consello Galego de Pesca, o sector realizou unha concentración simbólica dos asistentes como xesto de protesta contra as políticas pesqueiras da Comisión Europea.

Defende que a flota está dimensionada e xa traballa de forma sostible

11 may 2023 . Actualizado ás 04:45 h.

Guiada polos cantos de sirena das organizacións conservacionistas, a Comisión Europea adoptou unha «deriva medioambientalista» que está a pór en perigo a supervivencia do sector pesqueiro en xeral e do galego en particular. Este último cre que chegou a hora de parar os pés a Bruxelas . Decidiuno en Burela , onde onte, co gallo da apertura de portas da feira náutico-pesqueira Expomar, reuniuse no pleno do Consello Galego de Pesca . Nesa reunión constatouse «a necesidade de actuar dende todas as frontes para frear os plans de Bruxelas de restrinxir a pesca en augas comunitarias de xeito totalmente arbitrario, poñendo en marcha distintas estratexias para a protección dos ecosistemas pero sen informes científicos que xustifiquen esas limitacións á actividade extractiva», expuxo a Consellería do Mar ao termo do encontro.

E cando se di «todas as frontes» son todas: política, diplomática, social e xudicial. Toda unha ofensiva desde Burela para parar os pés a Bruxelas e evitar que se repitan barbaridades» como o veto á pesca de fondo en 87 zonas comunitarias aprobada a finais do ano pasado e a previsión de aumentar ata un 50 % esas áreas protexidas na próxima revisión. Se en outubro se fixo tomando como basee datos parciais —só do arrastre—, desactualizados e sen análise de impacto socioeconómico, a modificación que está por vir tamén se expón sobre un informe científico que, de novo, só se sustenta en datos do arrastre e solicitados entre o 2009 e o 2011. Despropósitos como este , «non poden repetirse»subliña a conselleira Rosa Quintana, quen avogou por apagar aqueles cantos de sirena transmitindo á sociedade «como está traballando a frota pesqueira, como se ten modernizado moito na extracción dos recursos, que é un sector competitivo e preocupado pola conservación do medio no que atopa sustento e que a pesar da súa escasa pegada hídrica e de carbono se ve sometido aos ataques das organizacións conservacionistas que conseguen guiar á Comisión nas súas políticas».

Estudos de impacto

Presionarán con todas as súas forzas para que o palangre poida recuperar as súas áreas de traballo entre os 400 e 800 metros dos 87 espazos acoutados e para que medidas como a de vetar o arrastre no 20 % das augas de cada Estado membro xa no 2024 non leven adiante sen informes de impacto socioeconómico. E no caso de que realmente sexan necesarias medidas, estas deberán «aplicarse de xeito gradual» para evitar danos colaterais, como «unha concentración de buques nos mesmos caladoiros» ou a «sobreexplotación das pesqueiras que quedan dispoñibles».

Doutro xeito, as limitacións abocan á flota galega a unha reestruturación que non quere nin necesita, pois «está perfectamente dimensionada», como o demostra o feito de que «a maioría de especies que captura a frota galega atópanse no rendemento máximo sustentable (RMS)».

Por iso ata aquí chegaron. «A pesca ten futuro se as autoridades europeas llo permiten e, en vez de poñerlle atrancos, comezan a traballar para atopar resposta a algúns dos seus principais desafíos, como a remuda xeracional ou a descarbonización», atallou Quintana.