Patrocinado por Patrocinadopor

A Xunta impón servizos mínimos íntegros ante a folga dos mecánicos de helicópteros de Gardacostas

Somos Mar REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

Lavandeira jr | EFE

A orde publicada no DOG establece que deben estar operativos tanto o Pesca 1 como o Pesca 2 e o persoal nas súas respectivas bases

17 mares 2023 . Actualizado ás 11:05 h.

O persoal de mantemento da empresa Babcock, que se adxudicou o concurso para operar os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2 do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocou varias xornadas de paro este mes, así como en abril e maio. Pero a Consellería do Mar considera que o salvamento marítimo ten prioridade sobre o dereito fundamental dos traballadores a ir á folga, pois entende que «poderían producirse danos irreparables, ao estar en xogo a vida e a integridade física das persoas». Así é que a Xunta tomou medidas e ditado unha orde que fixa servizos mínimos íntegros ante a convocatoria de folga para «garantir a adecuada intervención dos helicópteros en caso de que se produza calquera emerxencia nos días» de paro.

Deste xeito, as aeronaves que prestan o servizo para a Consellería do Mar terán que permanecer operativas para poder atender con suficientes garantías a urxencias marítimas que puidesen producirse durante o período de folga, segundo recolle a orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As dúas. Tanto o Pesca 1, con base en Vigo, como o Pesca 2, con hangar en Celeiro , dado que cada un atende unha parte do litoral galego. Ademais, o persoal adscrito ás dúas aeronaves deberá estar operativo nas súas respectivas bases durante as xornadas de folga por se se produce unha urxencia no mar, recolle a orde.