Patrocinado por Patrocinadopor

Convocan mobilizacións contra o turismo de megacruceros

Somos Mar REDACCIÓN

SOMOS MAR

As protestas terán seis cidades por escenario, entre as que figuran A Coruña e Vigo

17 jun 2021 . Actualizado ás 21:09 h.

Despois de que o Goberno central abrise de novo os portos españois aos cruceiros, organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas, entre elas Ecoloxistas en Acción, solicitaron ao Executivo que rectifique e manteña a restrición por razóns sanitarias, de protección á saúde pública e en cumprimento das obrigacións climáticas.

España é o segundo país europeo con máis emisións de gases de efecto invernadoiro procedente dos barcos e o primeiro máis contaminado por cruceiros ata que o sector cesou a súa actividade pola pandemia no 2020, sostén Ecoloxistas en Acción. No 2019, 11 millóns de cruceristas chegaron a bordo de 4.236 cruceiros, concentrándose especialmente nas principais cidades da costa Mediterránea e de Canarias.

As protestas desenvolveranse en seis cidades: Barcelona, Palma, Valencia, Tarragona -ás 11.30- e na Coruña (no Obelisco) e Vigo (na estación marítima), ás 12.