Patrocinado porPatrocinado por

Vigo acollerá en xuño o primeiro congreso sobre responsabilidade penal na industria pesqueira

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

XOAN CARLOS GIL

O simposio axudará ás organizacións da industria da pesca para enfrontarse aos novos retos xurdidos con motivo da introdución da responsabilidade penal das persoas xurídicas

07 may 2018 . Actualizado á 12:42 h.

O Auditorio de Afundación de Vigo acollerá os próximos 6 e 7 de xuño o primeiro congreso internacional sobre responsabilidade penal na industria pesqueira. Os promotores sosteñen que este simposio axudará ás organizacións da industria da pesca para enfrontarse aos novos retos xurdidos con motivo da introdución nas lexislacións de case todo o mundo da responsabilidade penal das persoas xurídicas.

O simposio organízao a World Compliance Association e ten o apoio directo da Consellería do Mar, Abanca e varias empresas do sector pesqueiro galego, O simposio contará coa participación de expertos de alto nivel de ámbito nacional e internacional como a FAO, a OIT, ITF Global e a Axencia Europea de Pesca, entre outros organismos.

O obxectivo será abordar diversos aspectos dos programas de cumprimento, así como as medidas para adoptar polas organizacións da industria pesqueira para facer dela unha industria máis ética, honesta e comprometida coas normas. As boas prácticas e os códigos de conduta, a responsabilidade penal das empresas pesqueiras ou como abordan as organizacións do sector a implantación dos programas serán aspectos centrais que se tratarán no congreso.