Medio Rural destina axudas ao control do rendemento leiteiro para mellorar a calidade
GANDERÍA
Estas entidades comproban periodicamente as producións e actitudes das vacas
02 ene 2026 . Actualizado á 14:54 h.O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o control do rendemento leiteiro, dotadas cun presuposto dun millón de euros e das que se poderán beneficiar entidades da Coruña, Lugo e Pontevedra, recoñecidas para a realización destes labores.
Segundo informa a Consellería, esta liña de axudas pretende compensar en parte, mediante achegas proporcionais, os gastos xerados ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia. As actividades subvencionables serán todas aquelas destinadas a comprobar sistematicamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras para a determinación do valor xenético e os méritos ou outras capacidades dos animais.
Desde Medio Rural lembran: «O control de rendemento leiteiro ten unha influencia directa no desenvolvemento do sector lácteo galego como base da mellora xenética nos esquemas de selección e dende o punto de vista da sustentabilidade e rendibilidade económica das explotacións. Polo tanto, os beneficiarios últimos desta iniciativa son os propios gandeiros e, por extensión, os consumidores, xa que o control incide directamente na mellora da calidade final do produto».
