
O vehículo accidentado ía cargado con 200 animais; os que sobreviviron foron levados ao matadoiro
21 may 2025 . Actualizado á 09:53 h.Un camión que ía cargado con 200 animais que acababa de recoller nunha explotación porcina de cebo para levar ao matadoiro envorcou o luns na parroquia de Rañestras, en Rodeiro. Polo golpe, morreron 60 porcos e varios máis quedaron feridos.

O propietario da explotación explicou que tiña 500 animais dos que este martes aínda quedaban un centenar por levar. Os outros 400 foron recollidos en dous camións o luns. Un deles, aínda moi preto da leira, arrimouse a unha cuneta, a carga moveuse cara a un lado e acabou semivolcado. O condutor saíu e intentou endereitala, pero esta se derrubou antes de poder facelo causando a morte dos animais. Os que sobreviviron foron levados pouco despois ao matadoiro.