Patrocinado porPatrocinado por

«No caso de que varias granxas se animen a instalar unha planta de biogás, fágome socia»

maría cedrón REDACCIÓN / LA VOZ

GANDERÍA

En la granja de Andrea usan collares para controlar el bienestar animal
Na granxa de Andrea usan colares para controlar o benestar animal ANA GARCÍA

Os mozos que toman a vez no campo cren na aplicación da tecnoloxía para mellorar a sustentabilidade ambiental das súas explotacións como pide Bruxelas

28 may 2024 . Actualizado á 20:38 h.

O ano da pandemia, o 2020, Andrea Canosa decidiu percorrer o mesmo camiño que anos antes tomaran os seus pais para coller a testemuña da explotación familiar situada no concello coruñés de Dumbría. Aos seus 25 anos, ela é a terceira xeración dunha estirpe de gandeiros lácteos que desenvolven a súa actividade en Dego S.C., unha granxa intensiva membro da cooperativa CLUN. E Andrea, que estudou o ciclo superior de Gandeiría e Asistencia en Sanidade Animal no Centro de Formación e Experimentación Agroferestal de Sergude, é ademais unha das participantes no proxecto Erasmus+ Up-Farming, promovido pola Asociación Galega de Cooperativas (Agaca) e pola Confederación Italiana de Agricultores (CIA) Agricoltori delle Alpi para apoiar ás pequenas explotacións no camiño cara a un cambio de modelo produtivo que as faga máis sostibles económica e medioambientalmente. Como conseguilo? Con formación.

E para iso, para formarse e para ver que estaban a facer en granxas lácteas do Piamonte italiano, Andrea apuntouse ao proxecto. En abril do ano pasado, onda Alex, Eloy, Alba e Luciano, os outros mozos de Galicia que participaron na iniciativa, viaxou ao norte de Italia, á zona de Turín, para comprobar como traballaban os gandeiros desa parte do país en materia de sustentabilidade e coidado do medio ambiente. Estes mozos son a proba de que as novas xeracións que tomaron, ou tomarán, a substitución no campo están interesadas en aplicar fórmulas de manexo máis sostibles co medio ambiente. Non só coas recollidas nos ecorregímenes da política agraria común (PAC), tamén con algunhas máis. O problema é que, ás veces, as circunstancias económicas ou xeográficas non o permiten ou fano máis complicado. Un exemplo diso puidérono ver en Italia coas plantas de biogás.

«Chamoume a atención que en Italia traballaban moito co biogás. En Galicia esa é unha alternativa que non está estendida como alí», comenta a gandeira. Populares en Centroeuropa, pero non tanto en España, as plantas de biogás son unha alternativa para fomentar a economía circular ao converter o esterco en gas do que logo se obtén enerxía eléctrica ou calor para autoconsumo ou para comercializar o excedente.

Para Andrea a idea non está mal, pero o tamaño das granxas galegas non permite rendibilizalas en solitario: «A menos que se faga a través dunha cooperativa, unha granxa soa non o pode asumir. En Italia todo se fai por medio de cooperativas, un modelo que en Galicia, aínda que hai algunhas como CLUN, na que estou, non é tan común como alá».

Pero está disposta a cambiar o compás no campo galego porque, como di, «no caso de que alguén se anime a levar a cabo a idea, animaríame como socia», esgrime.

Los padres de Eloy tienen una ganadería, pero él trabaja en Aira.
Os pais de Eloy teñen unha gandería, pero el traballa en Aira.

A viaxe ao Piamonte tamén lle valeu a Alex, un estudante de Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria no Campus Terra que durante o verán traballa nas explotacións que a súa familia ten na Mariña, o grupo Casa Barbeiro, para ver por primeira vez unha planta de biogás en funcionamento. Foi a dunha cooperativa dunhas vinte explotacións que producen enerxía para autosuministro, pero co que lles sobra tamén fornecen un hospital da zona. E como Andrea cre que é unha idea factible en Galicia, pero só póndoa en marcha entre varias granxas: «terían que xuntarse tres ou catro granxas dunhas mil cabezas», comenta este mozo de 25 anos.

En cambio, non o ve tan claro Luciano. Estudou Enxeñería Agropecuaria no Campus Terra e, aínda que non ten granxa, tamén se fixou na planta de biogás: «La planta que fuimos a ver recogía restos de veinte granjas para generar energía para surtir a un hospital que estaba a unos kilómetros. ¿Tantas granjas para solo esa generación de energía realmente compensa?», pregúntase. E Alba, cuxa familia ten a gandería e queixaría Quintián no Páramo, tamén dúbida. Estudou o mesmo ciclo que a súa compañeira e agora cursa Veterinaria. Ela é das que cre que en Galicia unha planta dese tipo «resulta inviable a menos que se faga entre varios, pero tamén depende de onde estea situada para sacarlle partido porque o minifundio e as distancias non axudan».

Alex muestra la máquina que inyecta purín y hace el sembrado
Alex mostra a máquina que inxecta xurro e fai o sementado XAIME RAMALLAL

Pero a viaxe serviulles para moito máis. Alex decatouse de que, a diferenza de Galicia, no Piamonte a gandería é complementaria da actividade agrícola. E sobre todo, chamoulle a atención o modo no que aplicaban o xurro: «Xa non o botan co prato, faise de forma inxectada para evitar que os gases do xurro cheguen á atmosfera. Facían moito fincapé niso por esa razón». Pero iso que en Italia é común, en Galicia o é menos polas características do terreo. Iso que na granxa da súa familia, o Grupo Casa Barbeiro, na Mariña, levan vantaxe: «Na nosa granxa xa o estamos facendo desa maneira porque temos unha máquina que inxecta xurro e fai unha sementeira con mínimo labor».

Eloy, cuxa familia ten unha explotación de gando en pastoreo en Chantada e que agora traballa como encargado do parque de maquinaria da cooperativa Aira, descubriu novas formas de combinar cultivos, a importancia de que os animais teñan unha boa xenética ou como explotar os puntos fortes dunha gandería.