Patrocinado por Patrocinadopor

Un mercado paralelo causa un forte descenso de reses en Castro de Ribeiras de Lea

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

GANDERÍA

PALACIOS

Tratantes de varias comarcas reúnense os martes en Matodoso para comprar e vender gando vacún

06 jun 2019 . Actualizado ás 09:23 h.

Un mercado alternativo, centrado no gando vacún e xurdido fai varios meses, está a causar un forte descenso na feira de . Castro de Ribeiras de LeaA nova actividade ten como escenario o núcleo de Matodoso, a poucos quilómetros do mercado gandeiro comarcal, e a súa posta en marcha foi promovida por varios tratantes.

As transaccións levan a cabo nunhas naves situadas preto da estrada que procede de Xustás (Cospeito), ás que se chega por unha pista asfaltada. Tratantes que operan na comarca chairega así como noutras da provincia acoden habitualmente a ese lugar. A data na que teñen lugar as compras e as vendas é o martes, a véspera da habitual para a celebración do mercado de Castro.

As consecuencias non se fixeron agardar. O descenso do número de reses no mercado de Castro é patente desde hai meses, e o de onte foi un dos días nos que a diminución do número de tenreiros e de novillas resultou bastante evidente. Mentres tanto, a presenza dos tratantes e dos camións nos que se move a mercancía non pasou inadvertida para veciños de Matodoso, que recoñecen que a actividade é notable. Iso si, por agora non parece ter repercutido a celebración do mercado na vida diaria de Matodoso.

O comezo da actividade e o seu mantemento coincidiron cun ano no que o volume de animais que pasaron polo mercado gandeiro de representou Castro de Ribeiras de Lea un descenso fronte ao ano anterior. No 2018 entraron no recinto algo menos de 30.000 cabezas de gando vacún (exactamente, 29.697), cando no 2017 si se superou esa barreira (31.584 en total). Cuns niveis moito máis modestos, si se rexistrou, en cambio, un aumento do número de cabalos (459 no 2017 e 535 no 2018).

Un volume económico anual de cinco millóns 

Tomando como referencia o ocorrido no 2018, o valor das reses que pasaron polo mercado gandeiro de situouse en 5,1 cincos millóns de euros: o 90 % (4,9 millóns) correspondeu aos tenreiros, cuxo destino posterior está en cebaderos de distintas comunidades autónomas. Pola súa banda, o concelleiro de Mercados de , Castro de ReiRoberto Lorenzo, optou onte por non efectuar comentarios sobre esta nova actividade.